Yolanda Castaño
“Aquí o que nos falla é que
non nos sabemos vender”, queixábase seguido o teu
patio de veciños;
pero cando chegou para o quinto dereita
aquel tipo que si o sabía facer ben,
axiña toda a comunidade comezou a tirarlle pedras dende o
balconciño.
Disco do encollemento. Galiñas da apropiación.
Se todo imaxinario cicatriza, onde están daquela os
órganos do noso esquezo?
Para levantar fixeron falta multitudes,
para botar por terra: un fato, non máis.
*
QUE É DOR
A DOR QUE DE VERAS SENTE
Teño cara de gustarme
as cousas que non me gustan.
Os labios de toda a xente
falan sen despegarse.
Isto tamén é así.
As paredes dunha gruta na que alguén, hai dez mil anos,
desdoura o natural da pedra.
Moedas, corrente alterna,
unha rapaza nada cos xenes da beleza,
toda picada de complexos.
Coma un orgasmo de Hedy Lamarr, os ollos de Nikola Tesla.
Un país onde non ser,
onde só cómpre
parecelo.
Luvas desenfundadas, sal, a máis prestixiosa
de todas as escolas de dobraxe.
O capital é o pesadelo
de quedarmos atoados na nosa capacidade simbólica.
A máis favorecedora de todas:
maquillaxe tanatoestética.
Anos de traballo voltos un pedazo de granito ecuestre.
Unha industria da miseria, as leiras do volframio.
Coma un corpo ardente que sabe, e
disimula.
Pestanas postizas de marca barata, unha imaxe
idéntica a si mesma.
Coma poesía política que se confunde
cunha autofoto fronte o espello do baño.
A metonimia do mal,
normativo dislocado.
Escenificación, menú, a escaleira de incendios do discurso.
Algo ao que lle medran raíces aéreas
e devece por volver á terra en canto hai tempo que saíu á luz;
coma os ollos das patacas.
A ollada do poema é tamén así,
filas de formigas obreiras
esmagadas para permanecer,
restos de acenos
que parecen
outra cousa.
Artwork by Grillo Demo, “Evita”, courtesy of miau miau
[ + bar ]
Your Lying Cheater’s Heart
Carmen María Machado
Junot Díaz’s This is How You Lose Her as a Confessional Text
The confessional text—either an author baring his own soul, or a... Read More »
Orellana [valparaíso]
Álvaro Bisama translated by Julia Ostmann
My favorite bookstore is a ghost bookstore. It was called the Orellana and was located in the center of Valparaíso. It closed a... Read More »
The Riverbed
Carol Bensimon translated by Adam Morris
They so happened to be born in a rather small town between two more or less larger ones, something they couldn’t get used... Read More »
Anthony Madrid
7. There was an old person whose zeal Made him bug-eyed and tense at the wheel. He wasn’t much fun, and they said he was un- representative of their ideal.
Read More »

sending...